Acollemento lingüístico. Nova convocatoria

Imaxe de yeon woo lee en pixabay
Xeral
13/10/2020

Entre outubro e decembro ofrécese este obradoiro para persoas adultas que procedan doutras comunidades lingüísticas e queiran realizar un primeiro achegamento á lingua galega e á nosa realidade cultural e social.

Procurará facilitar as destrezas básicas para a compresión oral e escrita e un coñecemento inicial de historia, xeografía e aspectos prácticos como a estrutura administrativa ou os recursos ao dispor das persoas que veñen vivir á nosa comunidade.

A actividade é gratuíta mais con prazas limitadas. 

O horario é de 10.30 a 12.30 horas, os martes e xoves a partir do 13 de outubro, durante 18 sesións (13, 15, 20, 22, 27 e 29 de outubro, 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de novembro e 1, 3, 10 e 15 de decembro).

As aulas serán no ESPAZO APEGO (local municipal da rúa da República do Salvador, 12 - entresollado).

A inscrición cómpre facela cubrindo completo o formulario que atopará premendo aquí.

As 20 prazas dispoñibles asignaranse por orde de chegada das inscricións e confirmaránselle a cada persoa mediante unha mensaxe ao correo electrónico que indique no formulario. 

Elaborarase unha listaxe de agarda coas persoas que non obteñan praza (seguindo a mesma orde) para o caso de que se produzan baixas antes de comezar o obradoiro. Pregámoslles a todas as inscritas que se finalmente non van acudir nolo comuniquen enviando unha mensaxe a dlg@santiagodecompostela.gal

Para calquera outra información ou aclaración pode contactar directamente co Departamento de Lingua (dlg@santiagodecompostela.gal / 981 542 409)



Resumo: 

Un obradoiro para persoas adultas procedentes doutras comunidades que queiran achegarse ao galego, á nosa cultura e aos nosos costumesmaxe de yeon woo lee en