Acollemento lingüístico
Un curso para persoas adultas procedentes doutras comundades lingüísticas que queiran realizar un primeiro achegamento ao galego e á nosa realidade cultural e social.
Procurará faciltar as destrezas básicas para a compresión oral e escrita e un coñecemento inicial de historia, xeografía e aspectos prácticos como a estrutura administrativa ou os recursos ao dispor das persoas que veñen vivir á nosa comunidade.
A actividade é gratuíta e precisa inscrición (20 prazas). Todas as persoas que xa se inscribiran anteriormente manteñen a súa praza e só se admitirán novas se se producen vacantes mentres antes da primeira sesión.
O horario é de 17 a 19 horas, os luns a partir do 8 de xuño, ao longo de 15 sesións.
As aulas serán no ESPAZO APEGO (local municipal da rúa da República do Salvador, 12 - entresollado).
A inscrición cómpre facela enviando un correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega do Concello (dlg@santiagodecompostela.gal) no que se indiquen o nome e apelidos e un teléfono de contacto. Se se require algunha praza para o obradoiro infantil é necesario indicalo tamén.
Para calquera outra información ou aclaración pode contactar directamente co Departamento de Lingua (dlg@santiagodecompostela.gal).