Aberto o prazo para participar en Youtubeir@s 2019
Logo de que nas edicións anteriores máis de 380 persoas acudisen a actividades formativas e unhas 400 participasen no concurso, co que se superaron os 2.000 minutos de contido novo en galego, a convocatoria 2019 está en marcha e con moitas novidades.
O concurso nesta terceira edición aumenta a dotación en premios -que pasa de 5.500 a 6.500 euros- e as categorías nas que se divide o certame: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmos. Precisamente, esta última categoría é a novidade deste 2019 e con ela recoñecerase e incentivarase o gran talento musical que está presente en YouTube. A estas catro categorías súmanse outras catro que premiarán os vídeos que destaquen en creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica ou calidade lingüística.
Ademais, manense o premio do público incorporado na edición anterior, a chamada #propostayoutubeira, coa que se impulsa a interacción entre as persoas usuarias na rede social Facebook, que poderán propoñer a través do correo electrónico, proposta@youtubeiras.gal, un vídeo do que sexan seareiros/as.
O prazo de inscrición no concurso estará aberto ata o 27 de setembro.
Precisamente como incentivo para participar, ou simplemente para iniciarse ou perfeccionar a comunicación a través do audiovisual, está edición amplía a oferta formativa que, en Compostela,
Outro dos piares do proxecto Youtubeir@s é a formación, que este ano centra os seus esforzos en charlas e obradoiros destinados principalmente á comunidade máis nova. Nesta liña, en Compostela organizáronse oito charlas nos IES Eduardo Pondal, Lamas de Abade e Rosalía de Castro, e tres obradoiros para moz@s youtubeir@s, un deles neste último instituto e outros dous nos centros cívicos do Ensanche e de Villestro. Ademais, para darlle continuidade ao traballo de edicións anteriores, realizouse un obradoiro de longa duración no local social da Lavacolla, onde un grupo de activas veciñas se están incorporando o uso do audiovisual e da rede con toda a forza.
Outra das novidades deste ano é a proposta Youtubeir vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmo@s en conexión, para ampliar e consolidar a comunidade de youtubeiros e youtubeiras e darlle visibilidade ao seu traballo. Incluirá dous eventos duante o mes de xuño na Coruña: Lista de reprodución ao vivo, no que diferentes youtubeir@s compartirán a súa experiencia coas persoas asistentes, e a Xornada para Youtubeir@s, para reflexionar sobre o panorama creativo e tecer redes na comunidade youtubeira.
Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Ata o 27 de setembro é posible inscribir vídeos nas categorías video-facermos, video-opinarmos e video-cantarmos. E tamén é posible presentar a #propostayoutubeira. vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmo vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmo