Aberta a inscrición para un obradoiro de outono

Xeral
06/09/2021

Ábrese o prazo de inscrición para un OBRADOIRO DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO coas seguintes características
 

OBXECTIVO: Ofrecer un achegamento inicial á lingua galega para comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita.

DESTINATARIOS/AS: Principalmente persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas.

DURACIÓN: 36 horas (18 sesións presenciais de 2 horas cada unha).

CALENDARIO: Martes e xoves entre o 14 de outubro e o 14 de decembro.

HORARIO: De 10.30 a 12.30 horas.

LUGAR: As aulas serán no local municipal situado na rúa da República do Salvador, 12 (Espazo Apego/Departamento de Lingua Galega). Na última sesión realizarase unha ruta pola cidade.

PRAZAS: 25 prazas, que se asignarán por orde de chegada das solicitudes.

INSCRICIÓN: Aberta e de balde, cubrindo este formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

CONFIRMACIÓN: Uns días despois de cubrir e enviar o formulario anterior recibirá unha mensaxe de confirmación no correo electrónico que indique.

 

Resumo: 

Para achegarse ao galego desde outras linguas