Obradoiros de acollemento lingüístico

Xeral
31/01/2023

Ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico dirixidos a persoas que se achegan por primeira vez ao galego desde outras comunidades lingüísticas. A duración de cada un deles é de 36 horas distribuídas en dúas sesións á semana. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 23 de febreiro. Posteriormente confirmaranse as prazas (25 en cada un) por correo electrónico.

As clases serán no Espazo Apego

 

Obradoiro de mañá

Luns e mércores de 11 a 12.30 h

Datas: 27 de febreiro; 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de marzo; 12, 17, 19, 24 e 26 de abril; 3, 8, 10, 15, 22, 24, 29 e 31 de maio e 5 de xuño.

Inscrición neste formulario
 

Obradoiro de tarde

Luns e mércores de 20 a 21.30 h

Datas: 27 de febreiro; 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de marzo; 12, 17, 19, 24 e 26 de abril; 3, 8, 10, 15, 22, 24, 29 e 31 de maio e 5 de xuño.

Inscrición neste formulario

 

 

Resumo: 

Convocatoria de primavera