Sen cancelas

Mocidade

#SenCancelas é un espazo alternativo destinado a mozos e mozas entre 14 e 17 anos que lles ofrecerá a posibilidade de desenvolveren os seus intereses nos medios dixitais nun contexto favorable ao uso do galego.

 

O proxecto naceu ao abeiro dunha proposta dos orzametos participativos e está coordinado entre os departamentos de Xuventude e Lingua Galega. A súa etiqueta #SenCancelas trata de transmitir o seu espírito: un territorio libre de prexuízos, en constante evolución, sen fronteiras e aberto ás diferenzas, colaborativo, de portas abertas..., no que as mozas e mozos poderá "falar sen cancelas".

 

A mocidade participante pode explorar e explotar as súas habilidades e capacidades persoais coa posta en marcha dos seus propios proxectos emprendedores, creativos e colaborativos (montar un podcast, crear un videoxogo, gravar un disco de hip-hop, publicar o seu cómic, ter a súa canle de vídeo...), enfroantándose ás dificultades de levar a cabo unha idea ata a súa materialización e facelo en cooperación con outros mozos e mozas. O proceso e os produtos resultantes poderá seguirse no web do programa: www.sencancelas.gal

 

As persoas que guían o proceso fornecen ferramentas e técnicas para organizar as ideas do grupo, identificar necesidades, colaborar, controlar a frustración, empregar diferentes medios dixitais e analóxicos..., de maneira flexible e adaptada aos intereses do grupo. Ao mesmo tempo convértense en referentes lingüísticos e alimentan con información e propostas lúdicas a mellora das actitutudes e a experimentación positiva coa lingua. O tempo e o espazo compartidos funcionan como catalizadores de novas relacións sociais nacidas nun clima favorable ao uso do galego.

 

 

Dirixido a: 

Mozas e mozos a partir de 12 anos 

Documentos e ligazóns: