Lúa quere viaxar... a Marte!

Crianzas

A XANELA DO MAXÍN 

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo. Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Aberto sen inscrición previa.

Recomendamos levar unha mantiña para sentar na herba.

Dirixido a : 
Nenas e nenos a partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 23/08/2022 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
Sen límite