
Empresas
Xeral
A finalidade de #fotolingua é colaborar á difusión dos establecementos que empregan o galego. Para logralo, invitamos a toda a cidadanía a que publique nas redes sociais imaxes orixinais nas que se amose este uso na paisaxe comercial compostelá e a que as acompañe coa localización ou algunha outra información ou comentario sobre o establecemento en concreto. As fotografías teñen que ir acompañadas das etiquetas #fotolingua #ogalegovende #establecementoengalego e #engalegofaiadiferenza para optaren aos premios.
As bases completas poden lerse aquí. Para darlle aínda máis apoio e difusión ao comercio en galego, convócase de xeito paralelo un sorteo-pasatempo.
Dirixido a:
Público en xeral
Establecementos comerciais
Documentos e ligazóns: