Descubro a lingua creando

Inscrición
Crianzas

Tempo de xogos guiados sobre lingua e cultura galegas para para contribuír á integración de nenos e nenas provenientes doutras comunidades lingüísticas. 

Mentres construímos trebellos con habilidades manuais e plásticas achegámonos ás tradicións, á cultura popular, aos personaxes e á historia de Galicia: máscaras, xoguetes, instrumentos musicais, agasallos… feitos con materiais naturais e de refugallo.

Para nenas e nenos de 3 anos en diante.

Entrada libre ata completar a capacidade. Con prioridade para crianzas a cargo das persoas asistentes ao “Obradoiro de acollemento lingüístico” que se desenvolve simultanamente.

Os luns de 17 a 19 horas, a partir do 13 de abril (agás días non lectivos).

 

 

 

Dirixido a : 
Nenas e nenos desde os 3 anos que procedan doutras comunidades lingüísticas
Data, hora e lugar: 
Lun, 13/04/2020 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15