
O programa Coidar para mellorar, que desenvolven conxuntamente os departamentos de Lingua e Comercio, pretente colaborar coa innovación e adecuación do comecio local, como sector prioritario, mais tamén doutros sectores empreariais en segundo termo. Trátase dun programa que se concreta fundamentalmente a través de subvencións.
As axudas abordan dúas vertentes simultanteamente: por unha parte a comunicación e por outra a adecuacion física e o equipamento dos establecementos. Os obxectivos e as condicións desta segunda son responsabilidade do Departamento de Comercio, mentres que os aspectos relacionados coa comunicación achégaos Lingua, por canto se trata de mellorar a calidade e a eficacia da comunicación comercial e de promover que se realice en galego.
O programa componse de dúas liñas consecutivas e compatibles:
- Cheques de consultoría para contar con asesoramento especializado para planificar os cambios que precisan os negocios (subvención en especie).
- Subvención de parte dos gastos que xere a execución dos proxectos de mellora dos establecementos.
Cada unha delas está suxeita a convocatoria e réxese polas bases que para cada caso se aproban e publican.
Nesta vídeo pódese ver unha presentación do programa.
Comercio e outras empresas
Web do programa Coidar para mellorar
Departamento de Comercio / Axudas
Novas
Publícanse as listaxes definitivas da convocatoria de subvencións 2020
Axudas para mellorar a comunicación comercial en galego 2020
Convocatoria das subvencións 2019
Folletos publicados
Folleto informativo das subvencións (2019)
Folleto informativo dos cheques de consultoría (2019)
Folleto informativo do programa "Coidar para mellorar. Mellorar para coidar" (2018)
Bases das convocatorias
Bases da convocatoria de subvencións (2019)
Bases da convocatoria de cheques de consultoría (2019)
Bases da convocatoria de subvencións (2018)